Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO da modificación puntual primeira do plan parcial do polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea e do proxecto de urbanización deste.

Aprobada inicialmente a modificación puntual primeira do plan parcial do polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea, tramitada por instancia de Xestur-Lugo, en sesión ordinaria da Corporación Municipal en Pleno, celebrada o día dez do corrente mes de maio, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e poderá ser examinado durante o dito prazo nas oficinas municipais, desde as 9 ás 14 horas e formulárense, mediante escrito dirixido á alcaldía, as alegacións que se consideren pertinentes.

Aprobada igualmente e na mesma sesión a modificación do proxecto de urbanización do indicado plan parcial, sométese a información pública polo prazo de quince días contados desde a publicación no DOG, para efectos de exame e formulación de alegacións no tempo e forma que se deixa indicado.

Castro de Rei, 14 de xuño de 1996.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde

5809