Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Caeiro II, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. Rabadeira rematando no C.T. que se proxecta en Caeiro II, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20/15 kV, de 469 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 80 m de lonxitude o tramo subterráneo con conductor tipo R.H.V. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V. R.B.T., aérea, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Orzamento: 5.592.703 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 17 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5664