Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.629

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (17/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas nº 17/1996, por insultos, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintenove de abril de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de faltas número 17/1996, sobre insultos, nos que son partes, como denunciante María del Pilar Aller Mera; como denunciados María Josefa Eirís Lobato, María Isabel Blanco Eirís, e non comparecendo José María Blanco nin Javier Blanco Eirís, malia estaren citados en legal forma... (seguen antecedentes de feito, feitos e fundamentos de dereito).

Decido que debo absolver e absolvo a María Josefa Eirís Lobato, Isabel Blanco Eirís, José María Blanco e Javier Blanco Eirís dos feitos axuízados nas presentes actuacións, con declaración de oficio das custas procesuais causadas. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor, ante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días a partir do seguinte á súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a María Isabel Blanco Eirís, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compstela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

6006