Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.629

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (57/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fai saber que nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 57/1995, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor seguinte:

«En Muros o 30 de novembro de 1995. Vistos por M. Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas, tramitados co número 57/1995, por presunta falta de imprudencia simple con resultado de lesións e danos e no que foron partes, o Ministerio Fiscal, exercitando a acción pública, José Antonio Loureiro Eirís Bermúdez, Jesús Eiroa Santiago como denunciado, representado polo procurador González Cerviño, como responsables civís directas as compañías de seguros Grupo Vitalicia e Previsión Española, respectivamente, e como responsables civís subsidiarios Carmen Bello Pais, Madeber, S.L. e Caamaño Obrador, S.L., coas representacións anteriormente indicadas. Pronunciouse a presente decisión en nome de El Rei.

Decido que, con declaración de oficio das custas procesuais, debo absolver e absolvo libremente da falta que deu orixe a este procedemento a Jesús Eiroa Santiago, e fago reserva expresa das accións civís que puidesen corresponderlles ás partes prexudicadas. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e para a súa inserción no DOG e para que lle sirva de notificación a Carmen Bello Pallas, expido, selo e asino o presente edicto en Muros, 11 de xuño de 1996.

A secretaria

Rubricado

4404