Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.626

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 8 de agosto de 1996 pola que se designa o presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Valdeorras.

Celebradas as eleccións e ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da denominación de orixe Valdeorras e segundo o disposto no artigo 36 da orde desta consellería, do 14 de maio de 1996, trala proposta do Consello Regulador electo en pleno, e conforme ás atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Valdeorras a José González González.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

5968