Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

EDICTO polo que se fai público o acordo do Pleno do Concello, do 27 de maio de 1996, sobre resolución de reclamacións e aprobación definitiva do proxecto de saneamento en Forcarei e outros.

A Corporación Municipal, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 27 de maio de 1996, por maioría absoluta, acordou o seguinte:

1º. Resolver tódalas reclamacións presentadas respecto do acordo tomado polo Pleno do Concello, que tivo lugar o día 29 de marzo de 1996 sobre aprobación inicial do proxecto saneamento en Forcarei e outros; declaración de utilidade pública das obras, e a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación pola execución do antedito proxecto; necesidade de ocupación dos bens e dereitos que se van expropiar e declaración de urxente ocupación dos terreos afectados.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto para a execución da obra saneamento en Forcarei e outros, elaborado polo arquitecto Gumersindo Ferro Pichel, e a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación pola execución do antedito proxecto.

Faise público para xeral coñecemento e para os correspondentes efectos.

Forcarei, 4 de xuño de 1996.

Manuel Brea Porto

Alcalde

5967