Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración e instalación dun marcador electrónico no Estadio Municipal de Riazor.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.

b) Número de expediente: S96/79.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do proxecto: marcador eléctronico coas características fixadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Número de unidades que se entregarán: 1.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Servicio Municipal de Deportes.

e) Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver cláusulas 6ª e seguintes do prego.

5. Garantía provisional: 1.200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1, 2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No

caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación para presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1. Entidade: véxase punto 1.

2. Domicilio: véxase punto 6 b.

3. Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a subministración e instalación cun marcador electrónico, con destino ó Estadio Municipal de Riazor».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de xullo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

5976