Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, a contratación das obras de acondicionamento e ampliación do museo de arte sacra do convento das Clarisas en Monforte de Lemos (Lugo) e de rehabilitación das Escolas Vellas na colexiata de Santa María en Xunqueira de Ambía (Ourense).

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as obras que se citan:

-Acondicionamento e ampliación do museo de arte sacra do convento das clarisas en Monforte de Lemos (Lugo).

Orzamento de licitación: doce millóns oitocentas oitenta e dúas mil trescentas setenta e nove ptas. (12.882.379 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Rehabilitación das Escolas Vellas na colexiata de Sta. María en Xunqueira de Ambía (Ourense).

Orzamento de licitación: cinco millóns seiscentas sesenta e oito mil setecentas sesenta e nove ptas. (5.668.769 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Nas devanditas obras non se esixe fianza provisional.

Exposición dos proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

5984