Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

INFORMACIÓN pública das normas subsidiarias de planeamento.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 10 de xullo, prestoulle, a súa aprobación, con carácter inicial, á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento. O expediente sómetese a información pública, polo prazo dun mes, para o seu exame e reclamacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 114 do R.d. 1/1992, que aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

Como consecuencia da mencionada aprobación inicial, quedan suspendidas as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, nas zonas modificadas, que son as seguintes:

-Zona A. Área situada a ámbolos lados da variante de enlace na C-546 e a C-533, nas inmediacións do Club Fluvial.

-Zona B. Travesía entre a rúa Celso E. Ferreiro e a Avda. de Sarria e enlace con camiño existente ó outro lado da vía do ferrocarril.

-Zona C. Prolongación da rúa Rof Codina, no contorno do matadoiro municipal, ata o camiño de Covas.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

-Zona D. Cuarteirón limítrofe co parque dos Condes e o río Cabe, na parte que está sen edificar.

-Zona E. Parcela comprendida entre a rúa Chantada, rúa Mercado e camiño público.

Monforte de Lemos, 31 de xullo de 1996.

Nazario Pin Fernández

Alcalde

5910