No BOP nº 113, do día 18-5-1996, publícanse integramente as bases e programa para cubrir en propiedade dúas prazas de policías locais no Concello de Betanzos por oposición libre.
As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderanse presentar no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora de procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP da Coruña.
Betanzos, 27 de maio de 1996.
Manuel Lagares Pérez
Alcalde presidente
4326