Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 94/50-2-4.096 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Diaz, 45, Ourense , en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T., en Oleiros, San Román, Laxa, Santes e San Lourenzo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo

11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, sobre postes de formigón, cunha lonxitude de 1.894 metros. Catro centros de transformación de 100 kVA de Laxa e 50 kVA os de San Román, Santes e San Lourenzo, de 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 5.780 metros, para mellora do servicio eléctrico en Oleiros, San Román, Laxa, Santes e San Lourenzo, no concello de Carballedo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5203