Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: R.B.T. en S. Cristovo e Delle.
Situación: Paradela.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión con conductor R.Z.-50-25, cunha lonxitude de 920 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de S. Cristovo e Delle, no concello de Paradela.
Orzamento: 1.900.000 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de segu
ridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 23 de maio de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5193