Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/198-2-4.458 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95, Ourense.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. de distribución tipo soto na r/ Carud.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor R.H.V. 150, cunha lonxitude de 340 metros. Centro de transformación de distribución tipo soto de 630 kVA 20.000/380-220 V, con dúa celas de liña e unha cela de protección, para mellora do servicio eléctrico na zona, r/ Carud en Monforte de Lemos.

Orzamento: 8.350.547 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 21 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5197