Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.539

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (110/1996).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín (Pontevedra).

Fai saber: que en virtude do disposto polo xuíz deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín, no expediente de suspensión de pagamentos nº 110/1996, promovido pola entidade mercantil Construcciones Suso Chaira, S.L., con domicilio social na Avda. do recinto feiral nº 8, de Silleda, dedicada á actividade da construcción, por medio do presente edicto faise público que, por providencia desta data, se tivo por solicitada en forma a declaración en estado de suspensión de pagamentos da mencionada entidade mercantil, e acordouse a intervención de tódalas súas operacións.

Advírtense os acredores que se absteñan de realizar operacións e toda clase de pagamentos coa debedora sen o concurso dos interventores.

Lalín, vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9604314