Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.537

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 23 de xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Comunicación Social, mediante Orde do 21 de xuño de 1996 (DOG nº 126, do 27 de xuño de 1996), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO I

Apelidos e nome: González Murga, Andrés.

NRP ou DNI: 3492208302 A2060.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Cod. do posto: CUC020000115770001.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

5892