Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato.

É a selección de proxectos, construcción e explotación de estacionamento para vehículos no Cavadelo.

2. Tipo de licitación.

O concursante ofrecerá, na súa proposición, un canon anual mínimo que deberá aboar ó Concello de Vilagarcía de Arousa.

3. Prazo da concesión.

O prazo total da concesión será de 75 anos, a partir da data de remate das obras e recepción provisional delas.

4. Garantías provisional e definitiva.

Para participar no concurso, constituirase unha garantía provisional de 1.000.000 de ptas.

A fianza definitiva fíxase no 4% do orzamento de execución material das obras. En canto á explotación constituirase unha fianza definitiva por importe de 3.000.000 de ptas.

5. Proposicións.

As proposicións presentaranse nas oficinas municipais de secretaría, Negociado de Urbanismo, no prazo de vinteseis días hábiles, a partir do seguinte ó da inserción do anuncio de licitación no BOE.

As proposicións axustaranse ó modelo que consta no prego de condicións.

6. Documentación.

Os licitadores, xunto coa súa proposición, a documentación a que se refire a cláusula XII do prego de condicións e nos sobres que figuran nela.

7. Apertura de plicas.

Terá lugar no salón de sesións do concello, ás 13.30 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

8. Prego de condicións.

Están á disposición dos interesados na secretaría do concello, tódolos días laborais, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Vilagarcía de Arousa, 9 de xullo de 1996.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273