Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público número 24/1996 para a contratación da subministración sucesiva de marcapasos para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme a o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público.

1.-Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36 Fax: (981) 53 12 55.

2.-a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: a submininistración sucesiva de marcapasos para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, por un importe total máximo de 81.180.000 ptas. (IVE incluído).

3.-a) Lugar de entrega: almacén do servicio de subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos a subministrar.

Lote nº 1: marcapasos unicameral VVI-CCIC.

Cantidade: 25 unidades.

Orzamento: 7.000.000 de ptas.

Lote nº 2: marcapasos unicameral multiprogramable SSI-SSIC:

Cantidade: 40 unidades.

Orzamento: 15.800.000 ptas.

Lote nº 3: marcapasos unicameral autorregulable en frecuencia SSIR-VVIR:

Cantidade: 60 unidades.

Orzamento: 30.000.000 de ptas.

Lote nº 4: marcapasos bicameral DDD-DDDC:

Cantidade: 8 unidades.

Orzamento: 4.400.000 ptas.

Lote nº 5: marcapasos bicamerales con cble único VDD-VDDC:

Cantidade: 20 unidades.

Orzamento: 10.700.000 ptas.

Lote nº 6: marcapasos de estimulación monocameral VDDR:

Cantidade: 8 unidades.

Orzamento: 4.460.000 ptas.

Lote nº 7: marcapasos de estimulación bicameral DDDR:

Cantidade: 12 unidades.

Orzamento: 8.640.000 ptas.

c) Licitación (á totalidade ou a un ou varios lotes): as empresas licitantes poderán presentar oferta a totalidade ou a un ou más lotes por separado.

4.-Prazo de entrega eventualmente imposto: o que se establece no prego de prescricións técnicas.

5.-a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la solicitud: 31 de agosto.

6.-a) Data límite de recepción de ofertas: 7 de setembro.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: O que figura no punto 1.

c) Lingua o linguas nas que se deberán redactar as ofertas: castelán e/ou galego.

7.-a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir a apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 18 de setembro.

8.-Garantías esixidas.

Fianza provisional : 2% do orzamento de licitación ó lote/s ós que se presente oferta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo disposto nas cláusulas 36 e 37 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

9.-Modalidades básicas de financiación e de pagamento e/o referencia os textos que as regulan: o pagamento realizarase segundo entregas do material, segundo establece o apartado 11 da folla de especificacións.

10.-No seu caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11.-Condicións mínimas de carácter económico e técnico as que se deberá axusta-lo provedor: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescripcións técnicas.

12.-Prazo no que o licitador estará abrigado a mante-la sua oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13.-Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

14.-Variantes: pódense presentar variantes así como melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas.

15.-Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

16.-Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa.

17.-Data de envío do anuncio: 17 de xullo.

18.-Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9605576