Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/2-2. Libro de rexistro: 4.454 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Telefónica de España, S.A.

Enderezo social: Rafael de Vega, 11, 13, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para estación radio base Alto do Fro.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio da L.M.T. Begonte-Parga e rematará no C.T. de Parga, terá unha lonxitude de 695 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 25 kVA 20.000/398-230 V ±2,5% ±5%, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x1x25 mm

CU, para estación radio base Alto do Fro, no concello de Guitiriz.

Orzamento: 5.298.339 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 24 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5201