Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra do 25 de xuño de 1991.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e últimos domicilios coñecidos, a resolución do recurso de alzada número 92/1945, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra do 25 de xuño de 1991 pola que se denegou a aprobación final do expediente número P-VR-0429/89, para a rehabilitación dunha vivenda rural, que na súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso de alzada número 92/1945, interposto por Manuel Pereiro Pereiro contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Pontevedra do 25 de xuño de 1991, pola que se denegou a aprobación final do expediente número P-VR-0429/89 para a rehabilitación dunha vivenda en Estivelle, 4, Donsión-Lalín (Pontevedra); resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que lle debe comunicar previamente a esta consellería a dita interposición, conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 10 de xullo de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9605686