Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/AC/96.1, N/PO/89.3.1, N/AC/87.8.1, N/PO/91.4.2.2.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-400. Treito: Sigrás-Celas.

Clave: N/AC/96.1.

Orzamento: seis millóns novecentas trinta e cinco mil cento trinta pesetas (6.935.130).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada PO-351. Treito: Couso-Tomiño.

Clave: N/PO/89.3.1.

Orzamento: catorce millóns duascentas corenta mil duascentas seis pesetas (14.240.206).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

3. Asistencia técnica para a redacción proxecto da vía rápida Padrón-Ribeira. Treito: Padrón-Vacariza.

Clave: N/AC/87.8.1.

Orzamento: catorce millóns cento trece mil duascentas dez pesestas (14.113.210).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

4. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo, cartografía e estudio do impacto ambiental da nova estrada variante de Forcarei.

Clave: N/PO/91.4.2.2.

Orzamento: dez millóns cento vinteúnha mil noventa e tres pesetas (10.121.093).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictametne conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5568