Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1996, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito en valores para os efectos de expedición de duplicado.

En cumprimento do disposto no artigo 36 do Regulamento da Caixa Xeral de Depósitos, faise público para xeral coñecemento o extravío do resgardo do depósito constituído en valores o día 26-3-1996, nº de rexistro 349/1996 por importe de 9.9919.886 ptas., garantindo a Embutidos Rivera-Tapas, S.L. e á disposición da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Delegación de Lugo.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contado a partir da data de publicación deste anuncio, non se presentase o resgardo por ningunha persoa ou entidade, procederase sen máis trámite á expedición de duplicado ó seu lexítimo propietario ou representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal, extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efectos.

Lugo, 11 de xullo de 1996.

P.A.

Manuel Amiama Valcarce

Delegado territorial de Lugo

5598