Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996 pola que se anuncia o concurso público 6/1996 por procedemento aberto para a contratación do servicio de fotocopiado da universidade (expediente 4028/1996).

Convócase concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio de fotocopiado da Universidade da Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación do servicio de fotocopiado por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Importe do canon: tres millóns cincocentas mil pesetas (3.500.000).

Garantía provisional: un millón setecentas cincuenta mil pesetas (1.750.000).

A Coruña, 24 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente