Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996 pola que se anuncia o concurso público 6/1996 por procedemento aberto para a subministración dunha aula informática para biblioteconomía e documentación na Facultade de Humanidades de Ferrol (expediente 1015/1996 E.D.).

Convócase concurso público, procedemento aberto, para a subministración dunha aula informática para biblioteconomía e documentación, na Facultade de Humanidades de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: oito millóns trescentas mil pesetas (8.300.000).

Garantía provisional: cento sesenta e seis mil pesetas (166.000).

A Coruña, 24 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

9605791