Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 187/1996 (Diario Oficial de Galicia nº 102, do 24 de maio) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo, do 14-12-1994, faise saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican:

L.M.T. ó C.T. Lamaceda, reelectrificación de San Pedro, Viveiro, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, que o representante da Administración dará comezo, sobre o terreo, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 14-12-1994, e expostas nos taboleiros oficiais das casas dos concellos e no desta delegación provincial de Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles días e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 11 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9605424