Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/103-2-4.578 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A..

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. Vivendas Agromán Rúa-Ferradura.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 62 metros, con conductor D.H.V. 12/20 kV de 1x150 mm Al, para subministración eléctrica ó edificio Vivendas Agromán, Rúa-Ferradura, en Lugo.

Orzamento: 3.340.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 17 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9605244