Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da liña eléctrica a 20 kV Santa Mariña-Mañón ó polígono Río do Pozo. (Expediente número 3/1994).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e consecuentes do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 186/1996, do 2 de maio, (Diario Oficial de Galicia do 24 de maio de 1996), para imposición de servidume de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións de:

-Liña eléctrica aérea a 20 kV de 2.573 m de lonxitude co orixe na liña Santa Mariña-Mañón, no termo municipal de Narón, e fin da liña de alimentación ó polígono Río do Pozo (expediente nº 3/1994), da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que lles practicará notificación para o efecto, nos días e horas que nelas se anunciarán, o representante e perito da Administración procederán á toma de datos sobre cada predio, e a continuación nas oficinas de cada concello, ó levantamento das actas previas á ocupación.

As relacións dos predios afectados para as que se segue este proceso expropiatorio, foron publicadas no BOP da Coruña, do 29 de xaneiro de 1996. As relacións actualizadas, excluídos os predios para os que se logrou o mutuo acordo, expóñense xunto co este edicto nos taboleiros do municipio de Narón.

Advírtese ós interesados que nos días e horas que lles serán sinalados poderán facerse acompañar dos seus peritos e de un notario, pola súa custa, e formularen por escrito perante esta delegación ata aquel momento, as alegacións unicamente para os efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 18 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9604940