Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 210/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica entrada liña a 66 kV Troncal (Redondela-Renfe)

en subestación Pazos de Borbén, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.435 da liña Troncal (Redondela-Renfe) situada no Monte do Cano, sobre Redondela e Vigo, rematando na nova subestación de Pazos de Borbén, concellos de Vigo, Redondela e Pazos de Borbén.

Finalidade da instalación: mellora-la seguridade da subministración eléctrica na zona.

Características principais: liña, a 66 kV, dobre circuíto, de 3.653 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, sobre apoios metálicos de celosía e 120 m de liña subterránea de entrada na subestación, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 35.171.848 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5651