Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/185 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en Polígono Industrial de Chan da Ponte, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Salvaterra-Ponteareas ata o C.T. que se proxecta no Polígono Industrial de Chan da Ponte, concello de Salvaterra de Miño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 390 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-230/398 V..

Orzamento: 2.264.019 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5854