Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do sector C-1, integrado polo da propia unidade de execución C-1 e do proxecto de trazado para o novo acceso e enlace da estrada N-553 coa zona comercial na parcela denominada Granja de San Blas.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización do solo C-1 do vixente Plan xeral de ordenación urbana, integrado polo da propia unidade de execución C-1 e do proxecto de trazado para novo acceso e enlace da estrada N-553 coa zona comercial na parcela denominada Granja de San Blas, documentos redactados respectivamente

polo arquitecto José Luis Pereiro Alonso, con visado da delegación do COAG en Pontevedra de 27-3-1996, e polo enxeñeiro Ignacio Alonso Jorreto, visado pola delegación do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de 5-6-1996, desestimándose as alegacións formuladas durante a fase de información pública do procedemento, de conformidade cos feitos e motivacións expostas.

Segundo.-Comunicar á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o presente acto administrativo, con notificación ós interesados ofrecéndolle-lo réxime de recursos correspondentes e proceder á publicación de anuncio no boletín oficial procedente para efectos da súa executividade.

Terceiro.-Facer constar que o presente acto administrativo outórgase no exercicio das atribucións urbanísticas e de réxime local que lle corresponden a esta Administración municipal e sen prexuízo de terceiros ou do dereito de propiedade e das preceptivas autorizacións que poidan precisarse doutras administracións para a execución do proxecto no sentido global, en especial da preceptiva autorización ó proxecto de construcción do acceso, enlace e remodelación do nó do Pino que teña que outorgar o Ministerio de Fomento a través do procedemento normativamente estipulado no ordenamento xurídico das estradas do Estado.

Recursos procedentes:

Contra a precedente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 18 de xullo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.