Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Faise público, nos termos e para os efectos do artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, que o Pleno Municipal, en reunión extraordinaria do 12 de xullo de 1996, acordou aprobar definitivamente o dictame da Comisión Informativa de Obras e Urbanismo, de data 9-7-1996, relativo á modificación puntual da cualificación de equipamento escolar con que figura no Plan Xeral de Ordenamento Urbano un soar de titularidade municipal sito na rúa da Ladeira, da vila de Xinzo, deixándoa como segue:

«Clasificación: reserva de solo para sistemas de comunicación, espacios libres e equipamentos.

Zonificación: zona de equipamentos.

Sistemas xerais e infraestructuras: equipamento comunicación (correos)».

Xinzo de Limia, 15 de xullo de 1996.

O presidente

Rubricado