Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de xuño de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Ango número 8.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo

en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Ango nº 8.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 59, Vilagarcía «G».

Data da concesión: 30-1-1979.

Data do remate da última prórroga: 30-1-1999.

Anterior concesionario: Baulde Conde, Benito e Conde Bravo, Carmen.

Novos titulares da concesión: Baulde Conde, Marcos.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 20 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial

5399