Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores (E.N.60/1995 e E.N.-64/1995) (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince

días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.956 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de paga-la contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 12 de xuño de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

E.N.-60/1995Alfonso Costas Corbal

Maestro Montes, 1

Vigo

Acampar en zona prohibida, no lugar de praia de Fedorentos, na Illa de Ons, ó día 22-8-1995.Artigo 38.3º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.10.000
E.N.-64/1995Lago Bao Fernández

Avda. Florida, 22-6º A

Vigo

Practica-lo deporte de «Wind-surf», no lugar denominado como enseada do Bao, dentro do térmo municipal do Grove, estando prohibido nesta zona a práctica de dito deprote, ó día 23-9-1995.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.10.000

5617