Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.268

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de xullo de 1996 pola que se nomean os membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

O Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, estableceu no seu artigo 9.2º que a dirección xeral competente do Servicio Galego de Saúde promoverá a acreditación dun Comité Ético de Investigación Clínica de referencia que terá como ámbito xeográfico e institucional de actuación a Comunidade Autónoma. En desenvolvemento desta norma, por Orde do 11 de xullo de 1996, creouse o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, radicado en Santiago de Compostela, na sede dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde. Os membros deste comité deben nomearse por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, segundo o artigo 3 desta norma.

En consecuencia, de acordo coas atribucións que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

RELACIÓN DE MEMBROS DO COMITÉ ÉTICO DE INVESTIGACIÓN CLÍNICA DE GALICIA

Presidente:

-Fernando Tato Herrero. Xefe da Unidade de Farmacoloxía Clínica. Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (Gil Casares).

Secretario:

-Cristóbal Colón Mejeras. Xefe de Sección de Investigación e Docencia. Servicio Galego de Saúde.

Vocais:

-Carlos Calvo Gómez. Médico do Servicio de Medicina Interna. Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (Hospital Xeral).

-Ángeles Freire Fojo. Xefa de Servicio de Farmacia. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

-Ricardo García-Mayor García. Xefe da Sección de Endocrinoloxía. Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

-Carmen López Valle. Diplomada en Enfermería. Hospital do Meixoeiro.

-José Luis García Rodríguez. Xefe do Servicio de Pediatría. Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

-Arturo Hermida Paredes. Xefe do Servicio de Réxime Retributivo e Cadros de Persoal. Servicio Galego de Saúde.

-José Ramón Mel Lorenzo. Xefe do Servicio de Oncoloxía. Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

-Manuel Rubén Rodríguez López. Xefe do Servicio de Oncoloxía. Complexo Hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás.

-Cristina Ortiz Dorda. Letrada da Xunta de Galicia.

-Mario Páramo Fernández. Xefe do Servicio de Saúde Mental, Investigación e Docencia. Servicio Galego de Saúde.

-José Domingo Pedreira Andrade. Xefe do Servicio de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

-Salvador Pita Fernández. Médico de Atención Primaria. Centro de Saúde de Cambre.

-Carlos Rodríguez Moreno. Xefe da Unidade de Farmacoloxía Clínica. Servicio Galego de Saúde.

-Joaquina Sevillano Castaño. Xefa do Servicio de Microbioloxía. Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa).

-Francisco Javier Suso Alea. Médico do Servicio de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo. Hospital do Meixoeiro.

9605682