Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (208/1994).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita o xuízo de desafiuzamento co número 208/1994, no que se dictou sentencia na que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1994. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de desafiuzamento de vivenda por falta de pagamento da renda seguido neste xulgado co número 208/1994, no que actuou como demandante Eusebio Montes Uzal maior de idade e veciño de Teo, asistido do letrado Manuel Ferreiro Casal e como demandada La Voz del Noroeste, Cadena Gallega de Radiodifusión y Noticias, S.A., non comparecida nas actuacións.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro ter lugar o desafiuzamento solicitado e a resolución do contrato de arrendamento da vivenda descrita na demanda, e condeno a parte demandada a que a desaloxe co apercibimento de lanzamento se non a deisaxe libre no prazo legal e con expresa imposición de custas.

Contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso de apelación perante a audiencai provincial neste xulgado no prazo de tres días desde a notificación conforme o trámite escrito previsto nos artigos 733 da LAC e seguintes.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncia, mándoa e asínoa.

Selado e rubricado ilegible».

E para que conste e sirva de notificación a La Voz del Noroeste, Cadena Gallega de Radiodifusión y Noticias, S.A., con último domicilio conocido en Ames, O Milladoiro, rúa Rosalía de Castro, nº 20, edificio As Torres, piso 4º, letra E, non comparecida nas actuacións, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro deste xulgado,

expido a presente cédula que selo e asino en Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

O secretario

Rubricado

5404