Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/211 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. Subestación Vilalonga-A Graña, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a Sub. Vilalonga ata o C.T. A Lanzada I, saíndo

en triple circuíto en triple circuíto da subestación á derivación a Noalla, entrando nos CC.TT. Mercado-Vilalonga e Arrieira e desde Noalla continuará en dobre circuíto ata o C.T. A Lanzada I, concellos de Sanxenxo e O Grove.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., Sub. Vilalonga-A Lanzada I, subterránea, a 20 kV, de 8,31 km de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. L.M.T., sub. Vilalonga-Piñeiro, dobre circuíto, a 20 kV, subterránea, de 2,605 kV de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Reforma do C.T. Arrieira cun conxunto de celas compactas SF6 tipo 3L + 1P.

Orzamento: 151.894.305 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 21 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5377