Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/197 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Grupo Escolar Angorén, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 2 da L03.02 na súa derivación ós CC.TT. G.E. Angorén, G. Feijoo e Río Frío, rematando no C.T. que se proxenta en grupo escolar Angorén, concello de Redondela.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 630 kVA, relación de trans

formación 15 kV-380/220 V. R.H.V., aérea, de 344 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 6.688.714 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 17 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5329