Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T.S. desde C.T. praza Ponteareas a C.T. San Xoán Arcal e reforma dos dous centros de transformación, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente na praza de Ponteareas rematando no C.T. existente de San Xoán Arcal, concello de Redondela.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 870 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Reforma dos centros de transformación da praza de Ponteareas e San Xoán Arcal cun conxunto de celas compactas SF6 (2L+1P).
Orzamento: 20.919.267 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 17 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
96-5340