Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.210

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos e excluídos no concurso L-01/96 convocado por Orde do 30 de abril de 1996 (DOG número 88 do 6 de maio).

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do persoal laboral na Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 30 de abril de 1996 (DOG nº 88, do 6 de maio), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso L-01/96.

Ámbalas dúas relacións están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais e na Dirección Xeral da Función Pública.

Os solicitantes excluídos disporán, de acordo co establecido no artigo 71.3º da Lei de réxime xurídico e do procedemento administrativo común, dun prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que formulen, se é o caso, as alegacións pertinentes.

Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non reparen os defectos que motivan a exclusión serán definitivamente excluídos.

Así mesmo, os solicitantes que non figuran na relación de admitidos e/ou excluídos disporán do mesmo prazo de dez días para formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

9605517