Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.A.T. a 132 kV de enlace da L.A.T. Atios-O Rosal coa subestación de Tui, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 30 da L.A.T. Atios-O Rosal rematando na futura Sub. de Tui, concello de Tui.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.A.T., a 132 kV, dobre circuíto, aéreo-subterránea, de 2.150 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-180, sobre apoios metálicos e de formigón, e 480 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo 76/132 kV Al.
Orzamento: 82.234.981 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 17 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9605316