Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 12 de xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo.

Convocada por Orde do 3 de xuño de 1996 (DOG nº 120, do 19 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º de dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo, anunciada pola Orde do 3 de xuño de 1996 (DOG nº 120, do 19 de xuño).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios a funcionaria, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta a funcionaria realizará, dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 33.851.029.24 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Somoza Díaz-Sarmiento, Paola.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Información e Educación.

Centro directivo: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/Escala: xeral.

Nivel: 28

C. específico: 1.639.104

5536