Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.144

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000922/1996, interposto por Herminia Lema Veres e outro.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000922/1996, interposto polos recorrentes contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de maio de 1996 (DOG do 29) sobre adscrición de funcionarios do corpo de mestres afectados pola implantación da educación primaria e secundaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5552