Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de maio de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Ratifica-lo convenio formalizado entre a alcaldía e as compañías Del Corral y Anciles, S.L. e Comervía, S.L., para a cesión á Administración muncipal dun futuro inmoble como compensación da supresión do aproveitamento urbanístico non patrimonializable na ordenación derivada da modificación puntual do PXOU no ámbito da unidade de actuación número 6.

Segundo.-Aprobar de forma definitiva o documentao refundido do proxecto de modificación puntual do PXOU no concernente á unidade de actuación número 6, delimitada polas rúas Cobián Ruffignac, Santa Clara, convento de Santa Clara e praza de Barcelos, formulado por esta Administración municipal de acordo co dictame da Comisión Informativa Muncipal de Urbanismo do 8-11-1995 e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, desestimándose, por conseguinte, as dúas alegacións interpostas.

Teceiro.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, con comunicación ás entidades, asociacións e demais persoas interesadas e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Cuarto.-Dispoñe-la impulsión dos trámites necesarios encamiñados ó efectivo cumprimento do convenio formalizado por este concello, de acordo coa presente modificación do PXOU aprobada definitivamente por este acordo, alzándose, por conseguinte, a suspensión de licencias acordada.

Recursos procedentes:

Constra a precedente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a paritr do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 21 de xuño de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral