Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Pardaíña, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L 42.20 Balaídos-polígono de Coia-MP na súa derivación ó C.T. actual Pardaíña, remantando no C.T. que se proxecta en Pardaíña, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 185 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
R.B.T., subterránea, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.V..
Orzamento: 8.796.019 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 20 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5333