Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.117

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 9 xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 25 de marzo de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 25 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 2 de abril, e resolta parcialmente por Orde do 23 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 106 do 30 de maio), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 2 de abril de 1996).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lle foran concedidas ó interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous

meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 3530211968 A2062.

Grupo: A.

Apelidos e nome: López Escapa, Ricardo.

Código: OT.C04.00.001.15770.019.

Denominación do posto de traballo: Servicio de Conservación e Explotación.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transporte.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Administración especial.

Nivel: 28.

Específico: 1,639,104.

5464