Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, para a contratación dunha asistencia consistente na recollida de información sobre intercambios comerciais entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expedientes: 96.05.0081.

2. Obxecto do contrato.

-Recollida de información sobre intercambios comerciais entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal, ano 1995.

-Nº de expediente: 96.05.0081.

-Prazo de execución: 39 días contados a partir da sinatura do contrato.

-Orzamento: 4.000.000 de pesetas.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público aberto.

4. Fianza provisoria.

80.000 pesetas.

5. Fianza definitiva.

160.000 pesetas.

6. Documentación de interese para os licitadores.

Poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf.: 54 13 21, e Fax: 54 13 23.

7. Presentación de ofertas.

Presentarase, segundo o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares, proposición económica e as características técnicas, segundo o esixido no prego de prescricións técnicas, no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de proposicións.

O sexto día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas e nas dependencias do IGE; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

9. O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.

José A. Campo Andión

Director o Instituto Galego de Estatística

5274