Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO.-CONVOCATORIA dos representantes dos usos hidroeléctricos e distintos da producción de enerxía hidroeléctrica na Sección Galicia Costa da Xunta de Goberno de Augas de Galicia.

O artigo 20 a) do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia na Sección Galicia Costa da Xunta de Goberno de tres representantes (3), un por cada demarcación hidrográfica, dos usos hidroeléctricos e un (1) representante dos usos distintos da producción de enerxía hidroeléctrica.

O 8 de xullo de 1996 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 133) anuncio polo que se comunicaba a exposición do censo provisional dos devanditos usuarios.

Transcorrido o devandito prazo, e co obxecto de proceder á elección dos mencionados representantes convócase ós citados usuarios mediante o presente anuncio ó acto público que se celebrará o vindeiro día 23 de xullo, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da planta baixa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos San Caetano s/n, e no que se procederá á elección dos citados representantes.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

5461