Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Bandeira e Pontevedra, con anexos: V-2289; XG-210, por substitución da concesión V-2289; XG-210, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 24 de maio de 1996, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Empresa Cuíña, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Bandeira e Pon

tevedra, con anexos: V-2289; XG-210, por substitución da concesión: V-2289; XG-210, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-A Bandeira, Chapa, Rellas, Cumbraos, Senra, San Sebastián, A Rocha, Pena do Foxo, Foxo-Corvelle, Outeiro-Sol, Callobre, Liñares, A Estrada, Guimarei, Consolación, Nigoi, Codeseda, Souto, Toxeira, Cequeril, Armonda, Chacente, Campo Lameiro, Fragas-Fontenla, Xeve (Santo André), O Couso, A Piolla, Igrexario-Lérez, Porta do Sol, Xunqueira, Praza de Abastos e Pontevedra.

-Quireza, Bugarín, Serrapio, Montes, San Isidro, Parada, Morillas, A Muimenta, Armonda, O Couso, Morañó e Campo Lameiro.

-Enviande, Cortegada, O Montillón, A Toxeira, Nodar, Arca, Amarela, Bustelo e Nigoi.

-Pardemarín, Lamas, Rubín e Outeiro-O Sol.

-A Pena, Curantes, Olives e Lamas.

-Berres, San Tomé, O Castro, Barro, San Pedro e Brei.

-O Foxo-Corvelle, Brei, Campos, A Aldea Grande, Riomao, O Outeiro, Riomao, Orazo e A Rocha.

-A Brea, Alfonsiños, Cervaña, Senra, Escuadro, Soldecasa e Rellas.

-A Bandeira, Costela, Portela e Cumbraos.

II. Expedicións.

-A Bandeira-Pontevedra (75 km).

Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Campo Lameiro-Pontevedra (21,5 km).

Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Xeve (Santo André)-Pontevedra (9,5 km).

Sete expedicións de ida e cinco de volta de luns a venres laborables.

Cinco expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Quireza-Campo Lameiro-Pontevedra por Chacente (45 km).

Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Brea-A Bandeira por Escuadro (12,5 km).

Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres laborables.

-Enviande-Toxeira-A Estrada por Arca e Nigoi (16,5 km).

Dúas expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborables (en período lectivo dúas expedicións de ida e volta poderán efectuar parada no Instituto de F.P. da Estrada).

Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Pardemarín-A Estrada por Lamas e Rubín (12,5 km).

Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables (en período lectivo dúas expedicións de ida e volta poderán efectuar parada no Instituto de F.P. da Estrada).

-Olives-A Estrada por Curantes (14,5 km).

Dúas expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborables.

Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

-A Rocha-A Estrada por Riomao (20 km).

Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres.

-Orazo-O Foxo (8,5 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres, do 1 de outubro ó 30 de maio.

-A Bandeira-Cumbraos por Costela e Portela (4,5 km).

Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres laborables.

-Berres-O Foxo (4,0 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Bandeira-A Estrada (23,5 km).

Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

As expedicións que se autorizan en días lectivos e que poderán efectuar parada no Instituto de F.P. da Estrada son as seguintes:

-Enviande-Toxeira-A Estrada por Arca e Nigoi.

-Pardemarín-A Estrada por Lamas e Rubín.

-A Bandeira-A Estrada.

A citada parada autorízase única e exclusivamente para recoller e deixar viaxeiros do citado centro.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,1943 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,2289 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,5741 pesetas.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5533