Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.073

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (421/1995).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuita número 421/1995 de orde, seguidos por instancia de Francisca Santamaría Cameán, representada polo procurador Arca Soler e defendida polo letrado Alfonsín Somoza contra Caniza, S.L., Juan González González e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 31 de xullo do presente ano ás 13 horas, cítase ós demandados Caniza S.L. e Juan González González, que tiveron o seu domicilio en Campiño, A Pobra do Caramiñal, e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que, acompañados de tódolos medios de proba de que tenten valerse, comparezan neste xulgado, sito na praza do Concello s/n de Ribeira, co fin de asistiren á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoos de que a copia da demanda se encontra á súa disposición neste xulgado.

Ribeira, tres de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

5247