Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.073

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), de conformidade co apartado 7 da base sexta A), o tribunal fará públicos, unha vez comezandas as probas, os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.

Adoptado acordo polo respectivo tribunal sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose para iso expresamente a esta dirección polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición da categoría de auxiliar da función administrativa, para o vindeiro día 30 de xullo de 1996, na Facultade de Medicina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n, de conformidade coa seguinte distribución:

Categoría: auxiliar da función administrativa (chamamento: 12 horas).

Aula 4: de Abeijón Gómez, Mª Carmen

A Hermida Villanustre, Dolores

Aula 5: de Iglesias Ferreiro, Mª Luisa

A Pintos Santiago, Mª Dolores

Aula 8B: de Piñeiro Borreiros, Mª Carmen

A Ynaguas del Valle, Ignacio.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impuganada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

5350