Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.072

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura de postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador, mediante o nomeamento de persoal interino, vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de abril de 1996 (DOG número 78, do 22 de abril), pola que se acorda eleva-la proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 4 de xullo de 1996, o tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura de postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador convocadas por Orde do 17 de abril de 1996 (DOG nº 78, do 22 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base oitava da devandita convocatoria, eleva-la proposta de aspirantes que superaron as probas ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes estableceuse coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios nos que consistían as probas selectivas, que é a que figura como anexo á presente resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante a conselleira de Familia, Muller e Xuventude no prazo establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 xullo de 1996.

Juan M. Cotanda Bueno

Presidente do tribunal

ANEXO I

Proposta do tribunal cualificador de aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de abril de 1996 (DOG nº 78, do 22 de abril) para a cobertura de postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador de ordenador, tendo en conta a puntuación total obtida pola suma dos tres exercicios superados en que consistiu o proceso.

DNIApelidos e nome1º Ex.2º Ex.3º Ex.Total

33.268.487Frieiro Romero, Mª Jesús28,0053,509,5091,00
33.292.074Calviño López, Javier20,7558,509,7589,00
33.272.610Regueira Veiga, José Camilo22,5043,5010,0076,00
36.020.535Portela Jelusich, José Manuel24,2541,509,0074,75

5540